"Enredando saberes, tecendo camiños: claves para unha educación personalizada e activa"
Taller: "Enredando saberes, tecendo camiños: claves para unha educación personalizada e activa"Metodoloxías activas e modelo Renzulli para potenciar a autonomía, curiosidade e talento en Educación Primaria.Propoñemos unha organización da aula en Primaria baseada no Modelo de Enriquecemento de Renzulli para atender a diversidade. A formación detalla tres tipos de actividades: o tipo I, busca espertar a curiosidade mediante encontros con persoas expertas e saídas ; o tipo II, fomenta a autonomía con Plan individual de tarefas semanais (PITS) e caixas de aprendizaxe que evitan a lección maxistral ; finalmente, o tipo III, impulsa a creación en proxectos de investigación persoais, e en clubs de intereses onde o alumnado desenvolve propostas reais compartidas coa comunidade educativa . Este ecosistema educativo potencia a motivación e a participación activa do alumnado no seu propio proceso de aprendizaxe.